Con motivo da celebración cada 27 de marzo do Día Internacional do Teatro, o Concello de Riveira vai homenaxear esta efeméride coa representación a cargo do Grupo Municipal de Teatro de Ribeira dunha coñecida obra dramática: “A Malquerida”, escrita por Jacinto Benavente no ano 1913.
Chiki, o director do grupo municipal de teatro, e a concelleira de Cultura Elvira Pisos ofreceron hoxe os detalles deste evento, que se desenvolverá ás 21.30 horas no Auditorio Municipal.
https://youtu.be/CQCs1vncT7w