Sin categoría

Feijóo salienta que a ampliación fará realidade un hospital da costa con máis camas, un novo espazo ambulatorio e un hospital de día médico

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que a ampliación fará realidade un Hospital da Costa máis moderno e accesible para os pacientes e para os profesionais, con máis camas, un novo espazo ambulatorio e un hospital de día médico.

Durante o acto de presentación do Plan director do hospital, Feijóo explicou máis polo miúdo que: na área de hospitalización, crearanse 24 novas habitacións e remodelaranse outras 30; na área de consultas externas, construirase un novo espazo ambulatorio que deixará espazo libre para futuras actuacións no centro; na área ambulatoria estableceranse novos gabinetes de exploración e unha nova sala de cirurxía menor; e, crearase un hospital de día médico para complementar o cirúrxico e o de diálise.

Salir de la versión móvil