Ribeira licita tres obras de pavimentación e mellora de viais municipais que financia a Deputación con 505.560 euros

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a licitación de tres obras no concello de Ribeira, que financia o Plan Único da Deputación cun orzamento total de 505.560 euros.
Entre estes proxectos, atópanse as obras de pavimentación de 15 camiños en diversas parroquias do concello.
07022018 03 PLAN UNICO RIBEIRA
Cun orzamento de 218.557,50 euros, financiados ao 100% pola Deputación, os traballos incluirán a pavimentación asfáltica con aglomerado en quente de 5 centímetros de espesor, para mellorar as condicións destes viais que na súa maioría están pavimentados con terra ou zahorra. Así mesmo, limparanse as marxes, a nivelación da superficie e o recrecido e acondicionamento das tapas das redes de subministro.

Salir de la versión móvil