O proxecto, elaborado polo arquitecto municipal e cun investimento que vai rondar os 170.000 euros, incluirá 16 postos para os estudantes totalmente equipados, cociñas incluídas, ademais doutro posto para o profesor ou profesora, unha aula de xestión de 45 metros cadrados, unha zona para almacén e neveiras e un despacho.
https://www.youtube.com/watch?v=hl13h6U-SKY
Este proxecto completará a definición dos contidos dun edificio no que, cómpre lembrar, xa foi adxudicada a terceira planta máis terraza (destinadas a restaurante) e un dos catro postos do primeiro andar, para panadería.