Ao longo dos anos 2016 e 2017 a Consellería do Medio Rural achegou máis de 49 millóns de euros en axudas á industria agroalimentaria galega, que mobilizaron un investimento superior aos 136 millóns de euros a través de 204 proxectos.
Con estes fondos finánciase, con carácter xeral, a construción, adquisición e mellora de bens inmobles, a adquisición de maquinaria e equipamentos novos, a compra de maquinaria e equipamentos novos, de programas informáticos, de patentes ou licenzas e os honorarios de proxecto, dirección de obra e estudos de viabilidade.
Así o explicou esta tarde a conselleira Ángeles Vázquez, en resposta a unha pregunta sobre o tema no Parlamento.