A detención do Expatrón Maior de Cabo de cruz crea gran expectación entre os familiares e veciños

Os ánimos estaban caldeados esta mañá en cabo de cruz. Na lonxa decenas de mariscadores esperaban fóra agardando novas e ao outro lado do porto os familiares do ex patrón maior de cabo de cruz, Camelo Vidal, vivían con ansiedade unha mañá que parecía non rematar nunca. Un completo operativo formado por axentes da Garda Civil de Boiro e do Seprona da Coruña e Noia desembarcou esta mañá na parroquia boirense de Santa María do Castro para rexistrar a confraría de Cabo de Cruz e a vivenda do que foi durante 23 anos, patrón maior. Os axentes arrestaron a Vidal, igual que a Ermidas Pérez, que foi presidenta da mariscadoras do montón, tamén, ata o 2014. Ademais, detívose á secretaria do depósito, aínda que esta muller foi posta en liberdade sobre as 15.00 horas.
Entre tanta expectación, Paquito, veciño de Cabo de Cruz explicou o que estaba a ocorrer e como se estaba a vivir a situación:

http://youtu.be/awJipi28p8k

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.