Portos de Galicia recolleu durante os últimos catro anos, preto de 4.000 toneladas de aceites residuais a través do programa Marpol de recollida de hidrocarburos usados nos peiraos de titularidade autonómica.
O presidente do ente público fixo esta mañá balance deste servizo a través do cal recupéranse e recíclanse os aceites residuais que se verten nos portos para a súa reutilización.
Seguindo a evolución anual, en 2014 recolléronse 900 toneladas; en 2015, 1.000; en 2016, 1.100 toneladas; e en 2017, 800. Dende Portos de Galicia atribúese o éxito da medida á colaboración e concienciación do sector profesional, ao que o ente público agradece a súa participación nesta iniciativa para a mellora colectiva.