A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180206/AnuncioG0164-121217-0003_gl.html a convocatoria de axudas dirixidas a estudantes universitarios que se vexan afectados por causas sobrevidas e imprevistas, co fin de que poidan continuar os seus estudos no Sistema universitario de Galicia no presente curso académico 2017/8.
https://www.youtube.com/watch?v=05JYtBeeBc0
En total o departamento educativo da Xunta de Galicia destina a cantidade inicial de 162.500 euros, un 62,5% máis que o ano pasado, que podería ser incrementado en función das solicitudes recibidas que cumpran os requisitos.