A Garda Civil do Posto Principal de Boiro procedeu á detención de F. M. R. B. Na rúa Corrillo tras observar como un individuo se abalanzaba sobre outro para subtraerlle a carteira.
Esta mesma persoa xa foi detida esta mesma semana cando foi sorprendida roubando no interior dun vehículo. Cabe destacar que lle constan 12 detencións por feitos similares.