O Concello de Riveira informa de que xa está en marcha a actuación dirixida á renovación da praza situada na rúa Rafael Dieste, no casco urbano de Santa Uxía de Riveira.
https://www.youtube.com/watch?v=yu0lxj4AMEI
A acción está sendo acometida pola empresa Oziona Soluciones de Entretenimiento, S.L., e reviste un importe de 34.483,79 euros, IVE incluído. O seu prazo de execución son tres meses.
A praza en cuestión atópase moi deteriorada. O pavimento do seu parque infantil estaba conformado por lousetas de caucho en bastante mal estado, e toda a área de actuación sufría frecuentes accións vandálicas.
Así e logo, o proxecto que se está a executar pretende renovar a praza pública de forma que se mellora este espazo e se cree unha nova área de esparcemento que poida utilizar todo o vecindario.
Parque infantil e espazo deportivo
Neste senso, crearase un novo parque infantil con pavimento de caucho continuo (formado por un columpio, un rocódromo e dous muelles) e outro espazo para a práctica do deporte (dotado dunha barra fixa, unha barra elíptica e un banco dobre de abdominais), tamén sobre caucho continuo.
Así mesmo, a praza contará cunhas gradas prefabricadas a modo de bancada e colocarase unha barandilla nas escaleiras e unha rampa de acceso.
A realización dun mural no muro do peche perimetral completa unha actuación que prevé tamén a pavimentación con formigón impreso en certas zonas.