O entroido chega a Lousame este sábado co popular Festival de Entroido, que terá lugar dende as 17:00 ata as 20:00 horas no polideportivo municipal “Pilar Barreiro Senra”.
O Festival contará cun Desfile de Disfraces e un sorteo de agasallos entre os participantes o seu remate. O Desfile de Disfraces dará comezo ás 18:30 horas e estará aberto a nenos e nenas de ata 16 anos, distribuídos en catro categorías: de 1 a 5 anos, de 6 a 10 anos, de 11 a 13 anos e de 14 a 16 anos. As inscricións poden realizarse o mesmo día do festival, en horario de 16:00 a 18:00 horas, no polideportivo municipal.