Galicia

Galicia rexistra a maior caída do paro nun mes de xaneiro desde 1996 cunha baixada do 10,46% na evolución anual

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, valorou hoxe os datos do paro rexistrado correspondentes a xaneiro, un mes que se pechou coa maior caída do desemprego na evolución anual de toda a serie histórica (desde 1996): a baixada foi do 10,46%, o que supuxo 22.192 persoas menos no paro.
https://www.youtube.com/watch?v=4CaKB0SGITA
As cifras sitúan a Galicia en niveis de hai 9 anos e, ademais, tal e como salientou Toca, 1 de cada 3 parados abandonaron as listas do desemprego nos últimos 5 anos. Así mesmo, destacou que o paro leva baixando de xeito consecutivo desde hai máis de 4 anos.

Con respecto ao Estado, Galicia é a terceira Comunidade na que máis descendeu o desemprego, mantendo un diferencial con España superior en case tres puntos.
A secretaria xeral de Emprego sinalou que non só se reduciu o paro, senón que tamén se creou máis emprego e de calidade. Xaneiro pechouse con 22.714 afiliacións máis que hai un ano, o que supón unha subida do 2,39%, a maior dos últimos 10 anos. Deste xeito, xa son case catro anos, desde abril de 2014, de incremento nas afiliacións.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.