O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, acompañados da delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, e do alcalde de Allariz, Francisco García, asistiron esta mañá ao Congreso de Xoves Empresarios de Ourense.
Alfonso Rueda felicitou aos xoves empresarios ourensáns pola súa labor emprendedora e os animou a seguir participando na recuperación económica do noso país, mediante o esforzo persoal, a motivación pola eficiencia e a eficacia do traballo, e contando sempre co apoio das Administracións.
A Xunta segue ofrecendo o máximo apoio aos xoves emprendedores polo importante papel protagonista que están tendo na recuperación económica de Galicia. Por este motivo, o Executivo galego está intentando darlle ás empresas e aos emprendedores as máximas facilidades a nivel burocrático e potenciando a internacionalización para que as empresas galegas poidan estar presentes nos mercados emerxentes. O emprendemento é unha das características básicas dos xoves empresarios, ao igual que a capacidade de traballo en prol da dinamización da economía galega que repercute tamén na creación de emprego.