Ribeira

A Pedra da Ra pasa con éxito a primeira criba e xa está entre os cinco nominados á obra do ano de entre as 181 candidaturas iniciais

Unha excelente noticia para a remodelación do miradoiro de Pedra da Ra que acaba de superar con éxito a primeira e dificilísima criba, resultando unha das cinco actuacións nominadas aos premios “Building of the year” (Obra del año) de entre as 181 candidaturas iniciais a este galardón que concede a prestixiosa publicación especializada ArchDaily (https://www.archdaily.com/).

A masiva votación dos veciños resultou determinante para este nomeamento e agora ábrese unha segunda fase na que se pode seguir apoiando a obra deseñada por Carlos Seoane no monte da Cidá para que sexa a gran triunfadora destes premios na categoría Public Architecture” (Arquitectura Pública).
Para isto, ábrese un novo prazo ata o mércores 7 de febreiro ás 10 horas EST (equivalente ás 16 horas en España) no que aqueles que o desexen poden votar pola obra riveirense neste link:
https://boty.archdaily.com/us/2018/candidates/109612/pedra-da-ra-lookout-point-slash-carlos-seoane

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.