O domingo, 4 de febreiro, celebrarase a VI Marcha BTT Concello de Rianxo coa organización da Peña Cicloturista Castro Barbudo e a colaboración do Concello de Rianxo .
https://www.youtube.com/watch?v=mDPDMnVfNpM
Trátase dun evento deportivo non competitivo en bicicleta de montaña dividida, en función da dificultade, en tres rutas (Curta – 29 km), (Media – 46 km) e (Longa – 66 km) que parten da zona portuaria de Rianxo e percorren os montes de Rianxo, chegando no caso da ruta longa a Dodro, Rois e Lousame. De xeito simultáneo á proba BTT desenvolverase unha andaina de 20 km. Participaran nesta festa do deporte popular un total de 864 persoas, 658 na Marcha BTT e 206 na Andaina.