A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, confirmoulle ao alcalde de Boiro, Juan José Dieste, que no mes de abril se iniciarán as obras de mellora dos bombeos de Esteiro e Sabuqueiro. O prazo de execución é de 6 meses, polo que a previsión é que se rematen este mesmo ano.
A responsable de Medio Ambiente informou ao rexedor municipal, no transcurso dunha reunión celebrada en Santiago, que Augas de Galicia vén de adxudicar esta actuación por un importe de case 750.000 euros á empresa Proyecon Galicia, S.A. O obxectivo é renovar e optimizar o sistema de saneamento deste municipio.
http://youtu.be/K2pKaBViVK0