Veciños e alcalde chegan a unha decisión consensuada para as reformas da rúas de aguiño

Tal como estaba previsto, o alcalde mantivo unha nova reunión na sede da Confraría de Aguiño cos representantes de asociacións da parroquia e comerciantes da rúa Francisco Lorenzo Mariño a efectos de expoñerlles o proxecto modificado que o Concello ten intención de presentar a principios da vindeira semana na Deputación da Coruña, con miras á modificación a custe cero do proxecto de mellora de seguridade viaria que está nestes momentos a exposición pública.

Manuel Ruiz, quen estivo acompañado na xuntanza da enxeñeira municipal, explicou aos presentes que o Concello decantouse por esta fórmula de aproveitar a exposición pública para propoñer a modificación do proxecto para non demorar a súa licitación e realización.

http://youtu.be/uEN7ioCGO_Y

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.