Galicia

A tempada de pesca 2018 comeza en Galicia o 18 de marzo e rematará o 31 de xullo

A tempada de pesca para o 2018 comezará en Galicia o vindeiro 18 de marzo e rematará o 31 de xullo, con carácter xeral. Así se establece na ordeanual que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG) e que recolle a normativa pola que se regula a pesca das distintas especies nas augas continentais de Galicia, de acordo co previsto no Regulamento de pesca fluvial de Galicia (Decreto 130/1997, do 14 de maio).

O período hábil para a pesca do salmón irá dende o 1 de maio ata o 31 de xullo, salvo nos tramos compartidos do río Eo, que dará comezo o 30 de abril e rematará o 15 de xullo. Non obstante, cabe a posibilidade de que se adiante o remate da temporada en función das cotas de captura.
A cota de captura establecida permite un exemplar por persoa e xornada cunha dimensión mínima de 40 centímetros. No río Lérez, cota anual sitúase en 10 salmóns, mentres que no Ulla serán 60. No Mandeo, os exemplares serán 5, 15 no Masma, 8 no Miño e 10 no couto de Salmeán. No resto dos coutos autorizados no río Eo non se establece cota anual de captura.
En relación aos engados, a normativa indica que poden ser naturais: miñocas e quisquillas; ou artificiais: a mosca artificial, culleriña e peixes artificiais ou semellantes. Para a pesca sen morte do salmón no río Ulla autorízase unicamente a mosca artificial con anzol sen arponciño.
A tempada do reo será hábil entre o 1 de maio e o 31 de xullo, pero poderá prorrogarse en determinadas augas: coutos de Betanzos, Celeiro (lotes 2 e 3), Noia, Noval, Ombre, Padrón, A Ponte do Porto, Ribeiras, Segade, Traba, Viveiro (lotes 2 e 3), e Xuvia a tempada rematará o 30 de setembro;
Os engados permitidos para o reo son os artificiais establecidos para o salmón, a máis do risco. No que respecta aos engados naturais, permítense todos agás as variades de ovas de peixes e o peixe natural. Nas augas salmoneiras está prohibido o uso de cebos naturais, agás os autorizados para a pesca do salmón nos seus coutos.
A troita, dez exemplares por día e persoa
Para esta especie a tempada comezará o 18 de marzo e rematará o 31 de xullo. Nos coutos con convenio de colaboración, prolongarase ata o 30 de setembro na modalidade de pesca sen morte, e nas augas salmoneiras, nas de reo ou nas de montaña retrasarase a tempada ata o 1 de maio.
Por norma xeral, establécese a posibilidade de capturar 10 exemplares ao día e por persoa cunha talla mínima de 19 centímetros e os engados son os mesmos que os da tempada pasada.

Unha das novidades desta tempada é un réxime especial de pesca para a celebración do XXII Campionato de España Salmónidos Mosca Xuventude, que se celebrará nos coutos de Xallas e Verdes nos días 12, 13 3 14 de xullo.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.