O fútbol barbanzano trouxo moi bos resultados

O Boiro recuperou onte en Barraña a moral que necesita para afrontar os nove encontros que restan para finalizar o campionato. Un gran gol de Rubén Márquez nos últimos minutos contra o líder, o Pontevedra, supuxo moito máis que tres puntos e puxo o marcador a 1-0. O tanto, en xogada persoal do dianteiro de Cacheiras, serviu para demostrar que o Boiro é capaz de saír do pozo por méritos propios, cun fútbol ousado, alegre e sen complexos. E todo iso ante unha afección envorcada que encheu o municipal e non deixou de animar aos seus desde a previa.

Un gol no tempo engadido e con polémica, por unha posible man, permitiu empatar ao Residencia un encontro que tiña perdido contra o Noia. Os barbanceses fixéronse co control do xogo desde os primeiros compases do encontro. Juanjo tivo unha ocasión o minuto 5, e Berto reclamou un penalti pouco despois que o colexiado non concedeu. O local Simón intentouno no minuto 15 cun tiro de lonxe que non xerou perigo. No 19, David, de tacón, cedeulla a Berto, pero o seu disparo acabou en córner. David rematouno de cabeza pero o balón saíu fóra.

http://youtu.be/5g2g8BA34L8

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.