O Pleno celebrado onte en Ribeira aprobou a suba dos prezos da auga para actualizala ó IPC, trátase de unha suba que debe aplicarse tal e como recolle o contrato coa empresa concesionaria Viaqua.
A sesión iniciouse coa toma de posesión de Elvira Blanco, como concelleira do BNG en sustitución de Xosé Antón Parada, que renunciou a acta por motivos persoais.