Xunta de Galicia

A Xunta inicia o desenvolvemento do proxecto europeo ‘Nutriage’ dirixido a mellorar os hábitos alimenticios das persoas maiores

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, participou hoxe na xornada de presentación do proxecto Nutriage, iniciativa europea que ten como obxecto principal “asegurar unha madurez saudable e mellorar a calidade de vida das persoas maiores a través dunha nutrición sa e equilibrada”.

O proxecto Nutriage conta cun orzamento total de 3,5 millóns de euros, dos cales o 75% son financiados pola Unión Europea ao abeiro do programa de cooperación interterritorial Interreg V 2014-2020 e no marco da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Os socios participantes nesta proposta son, por parte de Galicia: a Xunta, a Universidade de Santiago de Compostela, o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, o Clúster Alimentario de Galicia e o Centro Tecnolóxico Anfaco-Cecopesca. Por parte de Portugal, as entidades implicadas nesta acción son a Universidade Católica Portuguesa de Porto, o Instituto Politécnico de Viana do Castelo, Portugal Foods e as Casas da Misericordia de Porto e Viana do Castelo.
Na súa intervención, o conselleiro explicou que o proxecto Nutriage permitirá mellorar a alimentación e menús nas residencias de maiores e centros de día de titularidade autonómica, e que tamén beneficiará aos usuarios do programa Xantar na Casa.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.