O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) impartirá mañá mércores, día 31, unha charla de balde no Centro de Estudos Profesionais (CEP) Pilar Maestú Sierra da Pobra do Caramiñal (Lugar Cadreche, s/n. Posmarcos), sobre a navegación en internet.
A charla, organizada pola Anpa Cadreche, celebrarase ás 16:00 horas no propio colexio.
A xornada informativa, dirixida a alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria, pais, nais, titores e profesores, organízase con motivo do Día Europeo da Protección de Datos. Estará impartida polo colexiado Gabriel Ferreiro. O experto explica que internet é un mundo cheo de posibilidades para “aprender, divertirse e comunicarse”, pero usándoo con sentido común.