Ribeira

Comezan as obras para mellorar a accesibilidade á biblioteca municipal e ao centro cultural Lustres Rivas de Riveira

O Concello de Riveira informa de que comezaron as obras para a eliminación de barreiras arquitectónicas e mellora da accesibilidade na Biblioteca Municipal e o Centro Cultural Lustres Rivas: dúas dependencias enclavadas nun edificio situado na rúa Manuel Lustres Rivas, número 20.
https://www.youtube.com/watch?v=u4FnEEg8Dvk
A obra, que está adscrita ao Plan de Acción Social (PAS) da Deputación, está sendo executada pola entidade Tamara Fernández Pérez, e supón un investimento de 22.565 euros, IVE incluído. O prazo de execución é dun mes e medio.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.