Galicia

Xunta, Deputación da Coruña e Concello de Santiago selan o seu compromiso de comarcalizar o parque de bombeiros da capital de Galicia

A Xunta de Galicia, a Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Santiago selaron hoxe o seu compromiso para comarcalizar o parque de bombeiros da capital de Galicia.

Así o referendaron nunha comparecencia conxunta tras o seu encontro o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Santiago, Martiño Noriega.
Os tres dirixentes certificaron a súa vontade política de avanzar neste proceso que, afirmaron, nunca estivo tan preto de facerse realidade. Ademais, destacaron o bo clima da reunión e a colaboración entre administracións pese a estar lideradas por tres formacións políticas diferentes.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.