Castelao foi homenaxeado este fin de semana en Rianxo, a sua vila natal, cando se cupren 132 anos do seu nacemento. O acto contou coa presenza do alcalde de Rianxo Adolfo Muiños, presidente da Fundación Castelao, Carlos Mella, e unha representación das autoridades locais.
https://www.youtube.com/watch?v=MM1cOXP3jHk
Ás doce do medio dia comezaba o acto, coa musica do Himno do Antigo Reino de Galicia, que acompañou a ofrenda floral diante do busto do escritor. Muiños aproveitou o acto para dasr conta do afortunado que é o pobo de Rianxo, berce de grandes figuras da cultura, coñecido polo seu mexillón, e pola Rianxeira. Adolfo Muíños anunciou tamén a elaboración dun roteiro que discorrerá por máis de 30 lugares vinculados a Castelao.