O Concello de Riveira vai conmemorar este xoves o Día da Ilustración (que este ano está dedicado a Camilo Díaz Baliño) cunha acción de dinamización do uso da lingua galega.
https://www.youtube.com/watch?v=-nOsVAdAi3E
Trátase dunha actividade destinada a 140 alumnos e alumnos de 5º de Primaria titulada “Titoán. As aventuras do mozo Castelao”. Baseada na obra de banda deseñada “Titoán” de Inacio Vilariño, Premio Castelao 2011, esta peza de narración oral con apoio multimedia fai unha achega á vida e obra do autor rianxeiro
A acción desenvolverase de 10.30 a 12 horas en dous quendas. Ao rematar a representación de Inacio Vilariño, os estudantes realizarán unha breve visita á Biblioteca Municipal e serán guiados para que vexan tamén a exposición “A Divina Comedia. O Purgatorio” cos gravados de Dalí, neste mesmo Centro Cultural Lustres Rivas, acompañados da técnico do Servizo de Normalización Lingüística do Concello.
Exposición bibliográfica
Tamén se vai facer unha pequena exposición bibliográfica na Biblioteca “Día da Ilustración”, como todos os anos, coa obra gráfica de Castelao. O motivo principal vai ser “A derradeira lección do mestre”, precisamente como recordo do asasinato en 1936 de Camilo Díaz Baliño, pai de Isaac Díaz Pardo e amigo de Castelao.