Dúas mulleres foron evacuadas esta madrugada como consecuencia dun accidente rexistrado no peirao de Rianxo. O suceso producíase as 6:30 da madrugada, cando I.S.P. de 57 anos e M.E.G. de 54 anos de idade se dispoñían a dirixirse a sua casa despois de unha noite de traballo.
https://www.youtube.com/watch?v=cAZiDceMc0o
O coche no que viaxaban, un Seat Altea, precipitábase ao mar dende o peirao de Rianxo, a altura da rotonda da Lonxa por causas que se están a investigar.