Xunta de Galicia

Feijóo afirma que o Plan básico autonómico permitirá avanzar cara á Galicia do século XXI cun urbanismo moderno, sustentable e que fomente o crecemento

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que o Plan básico autonómico permitirá avanzar cara a unha Galicia vertebrada cun urbanismo moderno, que fomente o crecemento e que protexa a paisaxe.

Cun urbanismo ordenado, sustentable e harmónico, resumiu, incidindo en que o urbanismo do século XXI quere planificar para unir; “unificar normativas, integrar e conectar os diferentes núcleos de poboación, é dicir, en definitiva, vertebrar unha Galicia única”.
Consciente de que non podería considerarse un éxito que a Comunidade avanzase a dúas velocidades, Feijóo subliñou que unha das premisas claras deste plan é que a ordenación urbana non estea reservada só ás cidades, senón á disposición do conxunto dos núcleos que conforman Galicia. Non en van, sobre a base deste documento, no que se identifican os 33.000 asentamentos de poboación galegos, asentaranse os futuros plans básicos municipais, que beneficiarán aos 49 concellos de menos de 5.000 habitantes que non teñen planeamento xeral.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.