O titular da xunta realizou este mediodía un percorrido pola exposición no museo centro gaiás da cidade da cultura

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, referiuse á exposición ‘O Camiño, a orixe’ como mostra da satisfacción que sente Galicia por ser a orixe do mundo xacobeo, “unha cultura de portas abertas que recibe e exporta influencias”.

Tras un percorrido pola exposición, no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, Feijóo salientou que Galicia e a súa cultura son un compendio.

Se ben as novas tecnoloxías impulsan aínda máis esa característica tan nosa, o presidente do Goberno galego aseverou que seguen sendo os peregrinos o gran vencello humano.

Nun tempo en que o mundo asiste desolado á destrución do patrimonio cultural en territorios sumidos en conflitos, o titular da Xunta lanzou unha mensaxe de respecto a ese pasado que se reflicte na arte.

Feijóo concluíu a súa intervención agradecendo o traballo de todos aqueles que fixeron posible ‘O Camiño, a orixe’; “unha exposición –incidiu- que trata da memoria e do presente”.

http://youtu.be/aCgWeAtYpP0

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.