O alcalde de A Pobra acompañado do 1º tenente alcalde, da concelleira Balbina Lojo, de Andrés Millán, e de Luís Losada, veciño pobrense que cediu voluntariamente o seu terreo sobre o que descansará o novo centro de saúde de A Pobra.
A Conselleira de Sanidade, Dª Rocío Mosquera Álvarez, xa informou que a construción do centro de saúde do concello figura no programa de investimentos en infraestruturas sanitarias para a realización por parte do Servizos Galego de Saúde (SERGAS) nesta lexislatura.
A lei de estabilidade orzamentaria e sostenibilidade financeira obriga a garantir a capacidade necesaria para financiar compromisos futuros de gastos, tanto presentes coma futuros, sen alterar o equilibrio orzamentario, buscando con elo asegurar a axeitada xestión dos recursos públicos aínda que limita que se poidan concretar no vindeiro ano unha boa parte das infraestruturas previstas.
http://youtu.be/VLdH5YSO_dU