As Concellerías de Cultura e de Xuventude do Concello de Lousame e a agrupación teatral Teatrando Alecrín organizan esta fin de semana a segunda edición da Mostra Infantil e Xuvenil de Teatro, que incluirá catro actuacións doutros catro grupos.
https://www.youtube.com/watch?v=zsiUXtT7wIM
Todas as representacións terán lugar na Casa da Cultura “Santeiros de Chave” de Lousame o sábado 27 e o domingo 28 de xaneiro, ás 18:00 e 19:00 horas. A entrada é libre e de balde.
A II Mostra Infantil e Xuvenil de Teatro do Concello de Lousame abrirase este sábado 27 de xaneiro, ás 18:00 horas, coa actuación do grupo de teatro da ANPA do CEIP Felipe de Castro (Noia) que porá en escena “Quen anda aí!”. Unha hora despois, ás 19:00 horas, terá lugar a actaución do grupo local Teatrando Alecrín, que representará “Feliz 1990”, unha comedia na que recrean unha festa de fin de ano moi especial.
O domingo 28 de xaneiro será a quenda do grupo de teatro A Barquiña Azul (Noia), que porá en escena “Nunca xulgues un libro pola súa portada” ás 18:00 horas. Ás 19:00 horas, a agrupación teatral Criaturas (Lousame) pechará o certame coa súa obra “Xogo de xoias”.