Tal como estaba previsto, acaban de concluír as obras de pavimentación do camiño de acceso ao Hospital Comarcal da Barbanza dende o lugar de Salmón (á altura da marquesina alí existente): un vial de 333 metros de longo que vén de ser asfaltado con aglomerado ao atoparse o firme bastante deteriorado. Os condutores xa poden circular por el.
https://www.youtube.com/watch?v=Vat9rX409bg
As obras foron realizadas pola empresa Canarga, que, dentro da mesma contratación, tamén se responsabilizaron do asfaltado doutro camiño de 295 metros no lugar de Pereiras, en Oleiros.
Un e outro traballo comportaron un investimento total de 23.147,95 euros, IVE incluído, executado con cargo ao remanente de tesourería.