A Xunta subvencionará o 95 por cento do custe de rehabilitación de infravivendas en concellos de menos de 10.000 habitantes
https://www.youtube.com/watch?v=mBu5iQty8Zk
A Xunta de Galicia subvencionará ata o 95 por cento do custe de rehabilitación das infravivendas emprazadas en concellos de menos de 10.000 habitantes, tal como recolle a Orde que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia (DOG) e pola que pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de infravivenda do Plan rehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, e se convocan para o ano 2018.
A convocatoria para este ano inclúe unha partida presupostaria de 300.000 euros. Para obter máis información pódese consultar o seguinte enlace: https://goo.gl/D7HsNc.
Estas subvencións están dirixidas a prestar apoio aos concellos de Galicia de menos de 10.000 habitantes para que poidan axudar con carácter urxente ás unidades de convivencia que habiten, en condicións de propietarias, nunha vivenda que se encontre en mal estado de conservación e non dispoñan de recursos para acometer obras que permitan ter as mínimas condicións de habitabilidade