As asociacións con representación na Barbanza Sachos á Rúa e Verdegaia, veñen de sumarse á campaña posta en marcha por Cousa de Raíces, da que forman parte, recollendo sinaturas para apoiar unha ILP para erradicar o eucalipto e repoboar os bosques de árbores autóctonas.
Con esta iniciativa para a que precisan recoller 10,000 sinaturas, buscan protexer a biodiversidade e loitar contra os incendios, dando prioridade a xestión pública do monte, poñendo o acento en figuras de xestión como o monte en man común.