O Concello de Riveira informa de que esta mañá se procedeu a realizar a pavimentación con aglomerado asfáltico dun camiño de 295 metros de longo situado na parroquia de Oleiros, na zona coñecida como Pereiras.
https://www.youtube.com/watch?v=wk91IctB-2k
Esta obra foi realizada pola empresa Canarga no marco dunha contratación que inclúe tamén a próxima pavimentación do camiño de 333 metros que partindo dende Salón dá acceso ao Hospital da Barbanza. O firme de ambos viales atopábanse moi deteriorados.
Unha e outra obra suman un investimento de 23.147,95 euros, IVE incluído, executado con cargo ao remanente de tesourería.