Galicia

Pedro Puy cualifica de “balance francamente positivo” o peche do exercicio de 2017 realizado pola Xunta

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, cualificou de “balance francamente positivo” o avance de peche do exercicio de 2017 realizado pola Xunta de Galicia e sobre o que mañá comparecerá o conselleiro de Facenda no Pleno.

Puy manifestou que “da un resultado de xestión satisfactorio, porque non só se cumpriu o obxectivo de déficit senón que por primeira vez desde hai dez anos se reduce o peso da débeda pública autonómica en relación co PIB”. Así mesmo, o portavoz popular subliñou que “se está a cumprir a regra de gasto; se pode dar por pechado o proceso de consolidación fiscal; estamos a rexistrar cifras de crecemento económico importantes; e se está pagando aos provedores en prazos curtos, o que contribúe a dinamizar a economía”.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.