Diego Calvo dá por iniciada unha intensa precampaña no Barbanza, onde o PP aspira a gobernar en todos os concellos
Nunha reunión de traballo con alcaldes e portavoces dos municipios de Noia, Ribeira, Muros, Porto do Son, A Pobra, Boiro, Outes e Lousame, e acompañado do vicesecretario xeral de Organización e Territorio, Evaristo Ben, Calvo cualificou de “fundamental” o traballo que a súa formación realizará durante todo o ano 2018 no obxectivo de tomar as rendas da Deputación da Coruña e das tres grandes cidades da provincia.