Dende hai preto de un ano os veciños de este lugar de Ribeira conviven coas avespas, unha situación que se tornou mais complicada durante o verán, cando os insectos teñen maior actividade. Fai preto de un ano que estes veciños notaron maior presenza das avespas, pero non foi ata hai un mes que atoparon o niño, colgado de unha árbore a escasos 20 metros das casas.