https://www.youtube.com/watch?v=_Z5-s9yBXWE
Baixo o lema Galicia, o bo Camiño, a proposta turística galega preséntase nunha feira que é
punto de encontro global para o sector. Na pasada edición, pasaron por ela preto de 245.000 persoas, 135.000 delas profesionais.
Os novos produtos deseñados desde a Xunta de Galicia que se presentaron na Feira de turismo de Madrid afondan na aposta por un turismo diferenciado e de calidade, feito con imaxinación e para gozar sen présas. Trátase dunha ampla oferta, tanto de interior como de costa, sustentable e respectuosa co medio, que busca poñer en valor os recursos galegos.