Galicia

O 63% dos galegos maiores de 16 anos emprega internet para buscar información sobre temas de saúde

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, inaugurou esta mañá a Xornada técnica E-Health. Definición dos principios de interoperabilidade e innovación de apps. Liñas de empoderamento de pacientes. Na súa intervención, Almuiña referiuse aos pacientes do Servizo Galego de Saúde como “persoas máis informadas, máis dispostas a compartir información e coñecemento e máis inclinadas a tomar ou participar nas decisións sobre a súa saúde e a súa enfermidade”. Uns pacientes que, en definitiva deixan de ser lectores e buscan interactuar cos contidos e tamén cos profesionais por medio das tecnoloxías da información.
O titular de Sanidade afirmou que o crecemento do uso das tecnoloxías no ámbito sanitario é imparable, polo que é absolutamente necesario entender a contorna na que estamos e adaptarse a esta revolución que “xa está aquí”. Coma exemplo, Almuiña referiuse aos datos do Instituto Nacional de Estadística, que recollen que en Galicia un 62,9% das persoas maiores de 16 ano, empregou internet en 2017 para buscar información sobre temas de saúde. Esta cifra recolle un incremento de case 10 puntos porcentuais nos últimos catro anos.
O conselleiro lembrou que no Servizo Galego de Saúde apostouse desde sempre pola innovación, tratando de aplicar as vantaxes das novas tecnoloxías para mellorar o día a día. Destacou así o proxectos coma a plataforma de intercambio de información E-Saúde ou o proxecto Código 100, que se está en fase de desenvolvemento e inclúe unha liña de empoderamento de pacientes

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.