https://www.youtube.com/watch?v=1N8n0Yy_zFQ
Hoxe no CC Lustres Rivas de Riveira realizouse o sorteo do vale de 100 € para gastar no comercio local, entre todas as matrices dos votantes nos Concursos de Escaparatismo e Decoración Hostaleira do Nadal de Riveira 2017/18, entre un total de 2.225 matrices de votantes escolléronse 10 ao azar e por orde, xa que de non aparecer a persoa agraciada, irá caducando a matriz de 15 en 15 días naturais.
Para recoller o premio o gañador terá que acudir a partir do luns 22 de xaneiro, á sede da Asociación de Empresarios de Riveira levando a súa matriz que se corresponda co número agraciado.
A validez das matrices será: Do 22 de xaneiro ao 5 de febreiro. Do 6 ao 20 de febreiro e así ata as 10 matrices sempre e cando non apareza o número premiado. Iremos comunicando nas redes sociais de Viamare e Entérate o número premiado en cada período ata que apareza a persoa gañadora.
O primeiro número é: 2025.