O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, valorou hoxe no pleno do Parlamento o feito de que “por fin” todas as forzas políticas recoñezan o crecemento da economía galega e garantiu o compromiso do Goberno autonómico para seguir traballando neste obxectivo.
Durante a súa intervención, Feijóo explicou o comportamento do PIB no 2014 referíndose á situación do sector naval e da automoción. E, neste senso lembrou, a modo de exemplo, que mentres no sector do automóbil, España crece o 8,5%, Galicia decreceu un 1% e, no naval, os estaleiros non puideron durante dous anos producir barcos como consecuencia do tax-lease.
Diante destas cifras, Feijóo salientou que a Xunta seguirá traballando nestes sectores.
En resposta á pregunta sobre a entidade financeira Abanca, Feijóo salientou que, mentres outras comunidades quedaron sen entidades financeiras radicadas no seu ámbito territorial.
Feijóo concluíu resaltando que o consumo das administracións públicas subiu seis veces máis que a media de España.
http://youtu.be/1OSSkIqkScs