Barbanza

Arousa Norte presenta en Fitur 2018 unha proposta destinada a cautivar ao visitante amante da natureza, a cultura, o turismo náutico e a gastronomía

Arousa Norte leva a Fitur unha proposta turística para amantes da natureza, a cultura mariñeira, a gastronomía, e o turismo náutico. Nun acto que levou por nome de Arousa Norte, Paraíso Atopado , no que participou a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, os catro alcaldes da Mancomunidade foron os encargados de trasladarlle a un público especializado os principais atractivos desta zona costeira da provincia da Coruña que coinciden coas demandas actuais dos visitantes que buscan novas propostas centradas no mar, na natureza, a proposta culinaria e a práctica dos deportes ao aire libre.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.