O PSOE de Dodro levará a modificación do PXOM ao Parlamento galego, a través de varias iniciativas presentadas pola deputada Loli Toja e a portavoz de Ordenación do Territorio, María Pierres. As parlamentarias realizaron hoxe unha visita ao concello de Dodro xunto co portavoz local, Xabier Castro, onde deron conta das iniciativas parlamentarias coas que reclaman á Xunta que rexeite a aprobación provisional da modificación do PXOM.
O Grupo Socialista advirte da intención do concello de Dodro de reubicar o actual solo urbanizable industrial a unha zona con menor accesibilidade que estivo suxeita a concentración parcelaria e reclámanlle ao goberno galego que garanta as condicións legais da dita modificación.