Lousame

O Concello de Lousame adxudica por 108.000 euros a mellora dos camiños de Crons á Igrexa de Camboño e do cruce de Ces a Fruíme

O Concello de Lousame adxudicou á empresa Nemesio Ordóñez SA a mellora con aglomerado en quente dos camiños de Crons á Igrexa de Camboño e do cruce de Ces á subida a Fruíme por un importe de 108.295 euros. Unhas obras financiadas ao abeiro do Plan Único de Concellos “POS+2017” e que teñen un prazo de execución de seis meses.

O proxecto máis importante, orzamentariamente falando, é a mellora do camiño de Crons á Igrexa de Camboño, orzamentado en 53.567 euros. Uns traballos que permitirán a reparación de fochancas e mellora da capa de rodaxe de case 1,3 quilómetros desta estrada con cinco centímetros de aglomerado en quente. Así mesmo, perfilaranse as mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo e limparanse as gabias e salvagabias. Finalmente, para mellorar a drenaxe das augas pluviais, executarase unha cuneta de seguridade de 100 metros e revestida de formigón.

No caso do camiño entre o cruce de Ces e a subida á Fruíme o presuposto ascende a 21.825 euros e inclúen a mellora dunha pista de 400 metros de longo por 7 metros de ancho. As melloras suporán un ancheamento da pista de 125 m2, a reparación de fochas e a mellora da capa de rodaxe con cinco centímetros de aglomerado en quente en toda a plataforma. Por último, limparanse gabias e salvagabias e reporase a sinalización horizontal.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.