O patrón maior de aguiño denunciou a pena de cárcere para Os furtivos que o fan por sobrevivir

O grupo Popular no Senado abriu a porta á tipificación do furtivismo como delito a través dunha emenda á reforma do código penal. A práctica reincidente do marisqueo ilegal poderá castigarse con penas que van dende os seis meses ata os dous meses de prisión. A introdución desta emenda á reforma do código penal, que vén de iniciar a súa tramitación no Senado, cumpre cunha vella aspiración do sector marisqueiro que leva anos reclamando penas máis duras para os furtivos. A extracción ilegal seguirá tipificada como falta pero pasará a ser delito naqueles casos que reincidan.

Ante esta reforma o patrón maior de aguiño asegura que os casos de furtivismo se deberían mirar un a un para poder aplicar as penas según cada persoa, pois non e o mesmo que alguen baixe a mariscar para poder sobrevivir que outro que o faga con animo de lucro.

http://youtu.be/zp9z4n36zQU

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.