O Grupo Popular vén de rexistrar unha proposición non de lei a través da que se solicita o apoio do Parlamento galego á figura da prisión permanente revisable incorporada ao ordenamento xurídico español pola Lei Orgánica 1/2015 que se modifica o Código Penal.
O portavoz popular, Pedro Puy, manifestou que “as persoas que cometan determinados crimes de especial importancia non deben volver á sociedade ata que estean rehabilitadas”. Puy explicou que o Partido Popular está a promover iniciativas, tanto a nivel do Congreso dos Deputados, como nos parlamentos autonómicos e nos concellos, a través das que se solicita o mantemento da prisión permanente revisable. A iniciativa rexistrada no Parlamento galego polo Grupo Popular insta aos diferentes grupos parlamentarios con representación no Congreso dos Deputados a que reconsideren a súa postura sobre a derrogación da prisión permanente revisable, logo de que se aprobara unha proposición non de lei e se admitira a trámite unha proposición de lei que pretenden derrogar este instrumento penal, co único voto en contra do Grupo Popular .