Ribeira

A Praza do concello de Ribeira alberga unha exposición sobre boas prácticas na xestión dos refugallos domésticos

Dende esta mañá a praza do Concello de Riveira está a albergar unha exposición ao aire libre titulada “Menos residuos, máis recursos”.

A mostra está promovida por Sogama e a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a fin de instruír aos viandantes nas boas prácticas vinculadas coa redución dos refugallos en orixe, sen esquecer outras como a reutilización e a reciclaxe.

Comprende unha serie de paneis nos que se contan dez sinxelos consellos cos que rebaixar a inxente cantidade de residuos que se producen nos fogares. Entre tales recomendacións, algunhas como planificar ben as compras elaborando un listaxe co estritamente necesario, levar a bosa de casa ao supermercado e recuperar o tradicional carro da compra, apostar polo “usar e reparar” antes que o “usar e tirar”, segregar os refugallos en orixe en función do contedor adecuado, etc…

A mostra, que estará no noso municipio ata o 21 de xaneiro, estará acompañada do reparto de material divulgativo entre os peóns.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.