A sala de ensaio colle impulso ao contar con suso bello como organizador quen augura a grabación dun disco este nadal

Despois de que no pasado verán se organizara un curso sobre o uso do local de ensaio de Riveira e tras a adquisición no outono de nova dotación tecnolóxica para equipar adecuadamente esta instalación, o Concello de Ribeira vén de dar un paso importante para que a sala situada nos baixos do Auditorio cumpra a súa aspiración de servir de centro de referencia para as bandas do municipio e moi especialmente para os grupos noveis.

Así, a Administración decantouse por que á hora da xestión do local se vaia da man do propio tecido musical de Ribeira e será Suso Bello, coñecido e polifacético artista local con máis dun cuarto de século de experiencia, quen se ocupe de coordinar o uso da sala entre as bandas do municipio.

Tal e como explicou a edil Elvira Pisos na presentación de hoxe, as súas funcións comprenderán a confección do calendario de utilización e a prestación de asesoramento musical e técnico aos usuarios. Sempre, en coordinación coas concellerías de Cultura e de Xuventude.

http://youtu.be/8hV-3L4Qg-Q

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.