O Concello de Riveira volve a sacar a concesión tres postos enclavados no primeiro andar do mercado municipal, logo de que quedasen desertos nas dúas primeiras licitacións impulsadas o ano pasado.
Estes postos, cuxa actividade principal debe ser comercial ou hostaleira, son os que se corresponden cos número 22 (4 m2), 24 (11,85m2) e 25 (43,06m2) segundo se pode comprobar no correspondente anuncio oficial publicado hoxe no BOP (http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/01/12/2018_0000000144.html). O prazo de presentación de ofertas é de 30 días e o procedemento aberto con multiplicidade de criterios de adxudicación e tramitación ordinaria.